A INDEPENDENCIA OBTÉN MÁIS APOIO DO ESPERADO

Nova Caledonia vota seguir pertencendo a Francia

Nova Caledonia vota seguir pertencendo a Francia
Bandeira de Nova Caledonia. Foto: cedida.
Bandeira de Nova Caledonia. Foto: cedida.  

O 56,9% da poboación de Nova Caledonia votou seguir pertencendo a Francia. Un 43,1% optaron pola independencia, o que excedeu todas a expectativas. O referendo de autodeterminacións rexistrou unha elevada participación, o 79,7% do censo.
 


Os resultados ofrecen lecturas diversas. En primeiro lugar, os partidarios da independencia sumaron máis votos dos previstos. Foron maioritarios nas provincias onde viven máis kanak. Neses territorios, un 82% amosáronse favorábeis á separación. Nas zonas do norte, o si foi igualmente refrendado e acadou o 77.5% dos apoios.

Porén, na provincia do sur, onde a poboación é caldoche -de orixe francesa- e onde se atopa a capital do país, Nouméa, os independetistas apenas obtiveron o 19,5% dos sufraxios.

Nova Caledonia ten 278.000 habitantes e foi colonizada por Francia na primeira metade do século XIX. Desde 1853 pertence a ese Estado europeo. Nos anos 80, o Frente Socialista de Liberación Nacional Kanak reclamaba a creación dun Estado indepenente. Pouco a pouco, as illas conseguiron maior autonomía a respecto de París.