O ex-xeneral que capturou o Che, xulgado por un complot para asasinar a Evo Morales

O ex-xeneral que capturou o Che, xulgado por un complot para asasinar a Evo Morales
Gary Prado
Gary Prado  sg
O xeneral boliviano Gary Prado Salmón, que capturou o Che Guevaraen 1967, senta arestora no banco dos acusados nun xuízo por complot para asasinar en 2009 o presidente de Bolivia, Evo Morales


Gary Prado Salmón está acusado de colaborar con Eduardo Rózsa, presunto líder dun grupo que en 2009 tentou asasinar Evo Morales e apoiar a secesión do departamento de Santa Cruz de Bolivia. Un complot con moitos claroescuros aínda por desvelar e no que diferentes investigacións apuntan a toda unha arañeira de intereses económicos e políticos que coincidían na necesidade de poñer fin ao comunismo indixenista (como o califican os medios de dereitas) de Morales. 

Prado Salmón participou en 1967 na captura do guerrilleiro Ernesto Che Guevara e foi participante activo en tarefas de contrainsurxencia e guerra suxa en Bolivia nos anos sesenta contra calquer actividade 'subversiva'Este ex-xeneral está parapléxico desde 1981 por un disparo supostamente accidental doutro oficial do exército. Neste macroxuízo que se está a realizar en Bolivia están imputadas 39 persoas, 18 das cales están fuxidas. Neste grupo había mercenarios con experiencia na guerra de Iuogoslavia, alén de persoas moi ligadas á oposición a Morales en Santa Cruz.

O ano 2009 comezou en xaneiro coa aprobación da Constitución en referendo (unha carta que tiña a oposición frontal dos partidos de dereitas e a grande patronal) e rematou en decembro coa vitoria de Evo Morales cun 64% dos votos. O ano anterior, 2008, fora de gran tensión e convulsión social por mor da escala de violencia contra o goberno de Morales e contra o movemento indíxena. Un exemplo diso fora a coñecida como masacre de Porvenir, con ducias de camponeses asasinados, masacre na que estivo implicado Leopoldo Fernández, destacado opositor a Morales nesa área.