Varios mortos en Exipto ao abrir fogo o exército contra @s manifestantes

Varios mortos en Exipto ao abrir fogo o exército contra @s manifestantes

Ducias de milleiros marcharon en varias cidades en rexeitamento do golpe de Estado. A Unión Africana suspende a Exipto. Nas últimas horas morreron máis de 30 persoas a resultas do golpe militar


A 'sexta feira de rexeitamento' ao golpe de estado en Exipto, convocada por varias organizacións, entre elas a Irmandade Musulmá, acabou con mortos en diferentes lugares, coma O Cairo, a resultadas dos disparos do Exército.

Segundo diversas axencias internacionais, ducias de milleiros de persoas tomaron parte en manifestacións contra o golpe de estado en cidades como Nasr ou O Cairo. Nesta última, o exército abriu fogo contra @s manifestantes, o que provocou varios mortos. Os datos das axencias varían, e falan de entretrnta e corenta falecidos en diferentes puntos do país.

Aliás, e segundo esas mesmas fontes, o número de dirixentes islamistas detidos e encadeados polo exército rondarían os 300.

O líder do Supremo Tribunal, Adly Mahmud Mansour tomou posesión como Presidente interino e manifestou, no que foi o seu primeiro discurso, o seu apoio á acción do exército, definindo aos militares como “consciencia da nación e garantes da súa protección e seguranza”. 

A Unión Africana suspendeu a Exipto, a resposta usual desta organización a calquera irrupción constitucuonal nun dos seus estados membros.