O FMI desacredita os orzamentos do estado e augura aínda máis desemprego

O FMI desacredita os orzamentos do estado e augura aínda máis desemprego
Christine Lagarde, directora do FMI
Christine Lagarde, directora do FMI  
O organismo internacional sinala que  economía española se contraerá neste ano e 2013 o triplo do previsto polo goberno de Mariano Rajoy e que o desempego se situará por riba do 25%

O Fondo Monetario Internacional (FMI) advirte no seu último informe que o Estado español non vai cumprir cos obxectivos de déficit marcados para 2012 e 2013 e alerta de que a taxa de desemprego se situará por riba do 25%.

Dito informe contempla demoledoras previsións para o Estado español en 2013, as máis pesimistas que publicou o Fondo até o de agora e que condenan o país a outro ano de intensa recesión e paro. As novas cifras contemplan, en concreto, un retroceso do PIB do 1,3% este ano, unha décima máis do que prognosticou o pasado mes de xullo e moi lonxe da caída de medio punto que esperaba o goberno popular de Mariano Rajoy.

Só por diante de Grecia

As previsións do FMI é que a economía española sexa a que sufra a maior contración dos países avanzados, só superada por Grecia. Ademáis, o 2013 viría suceder un crítico 2012, cando o PIB caerá outro 1,5%.

Con todas estas cifras, o FMI desmonta os orzamentos xerais do estado para 2013 que presentou o goberno central hai unha semana, que “debe ser quen de recapitalizar os seus bancos sen contaminar a débeda soberana e a intereses razonábeis”