O Plaid Cymru comprométese a un referendo de independencia para Gales se goberna

O Plaid Cymru comprométese a un referendo de independencia para Gales se goberna

Na súa conferencia política, realizada esta fin de semana, aprobou facer unha consulta sobre o estatus político do país cando goberne.


O Plaid Cymru realizou esta fin de semana a súa conferencia política de primavera en Llangollen, encontro que decorreu baixo o lema Coni cenedl newyddn (Construíndo unha nova nación) que se aprobou que a formación convocaría un referendo de independencia cando gobernase. Embora saír das eleccións galesas de 2016 como segunda forza, por detrás dos laboristas, non semella que teña o goberno moi perto: o Partido Laborista logrou 29 escanos na Asemblea Nacional de Gales, por 12 do Plaid Cymru (agora 11, tras pasar 1 ao grupo mixto), 11 dos conservadores británicos e 8 deputados do resto de forzas.

Plaid Cymru tanén fixou nese encontro outros compromisos a cumprir se gobernar algún día neste país: establecería un operador aéreo con conexións directas coas Américas e Europa continental, crearía unha rede nacional de enerxía, poría en andamento unha compañía nacional de vivenda e proporcionaría educación universitaria gratuíta para os estudantes galeses.

Un referendo sobre o futuro constitucional de Gales sería realizado ao final do segundo mandato dun goberno de Plaid, afirmou o líder da formacipn independentista, Leanne Wood, que anunciou que "preguntará a esta próxima xeración onde queren que estea Gales a mediados de século, e incluirase a independencia como unha opción realista".