Unha parella citada a declarar na Bretaña por poñer un nome bretón á súa filla

Unha parella citada a declarar na Bretaña por poñer un nome bretón á súa filla
Mor-Bihan
Mor-Bihan  

A fiscalía francesa considera que o nome Liam, co que os proxenitores rexistraron a crianza, vai contra os intereses da nena.


Máis unha vez, pais e nais bretóns que elixen poñer un nome en bretón á súa crianza acaban perante a xustiza. Aconteceu con Fañch e con Der’Hen e vén de pasar agora con Liam e no condado de Mor-Bihan. A parella que escolleu este nome para a súa filla vén de ser citada a declarar.

 

Segundo a fiscalía francesa, Liam é un “nome que vai contra os intereses da crianza”, pois leva a confusión de xénero. Pon exemplos como o de Liam Gallagher, o que fora cantanted e Oasis, e o actor Liam Neeson. O primeiro fillo de irlandeses e o segundo irlandés el propio. Liam é un nome masculino tradicional en Irlanda mais en Bretón Liam non está ligado a xénero algún.

 

A crianza naceu o pasado mes de novembro. A fiscalía pide ao xuíz que proceda" á supresión deste nome nos rexistros do estado civil" e que lle atribúa "ao neno outro nome elixido polos pais e, no seu defecto, polo xuíz".

 

Desde diferentes colectivos e asociacións na defensa da cultura e lingua bretoa xa amosaron o seu malestar e protesta por esta medida da fiscalía, que enmarcan na falla de dereitos e recoñecemento para o idioma propio da Bretaña, que poden falar entre 180.000 e 250.000 persoas.

 



x