O Parlament de Catalunya continuará a defender a autodeterminación

O Parlament de Catalunya continuará a defender a autodeterminación
O Parlament de Catalunya
O Parlament de Catalunya  

JxCat, ERC e a CUP pactan unha proposta de resolución na Cámara que fai caso omiso das advertencias do Tribunal Constitucional, onde se reitera a defensa do dereito a decidir, a reprobación da monarquía e a reivindicación da soberanía do pobo catalán.


A maioría independentista da Mesa do Parlament fixo caso omiso das advertencias do Tribunal Constitucional e admitiu a trámite unha proposta de resolución conxunta de JxCat, ERC e a CUP, onde se reitera a defensa do dereito de autodeterminación, a reprobación da monarquía e a reivindicación da soberanía do pobo de Catalunya.

Precisamente son estes tres puntos sobre os que o Constitucional advertira que non se podían votar xa que podían caer nun delito de desobediencia. A moción está redactada nuns termos que buscan evitar a súa impugnación. O texto conxunto, de 15 puntos, rexeita ademais a recente sentenza do Tribunal Supremo e esixe a liberdade das e dos líderes independentistas en prisión.

Ademais, fai unha mención especial ao caso da ex presidenta do Parlament Carme Forcadell, ao considerar “un escándalo democrático” a súa condena a 11 anos e medio de prisión “por permitir” que na Cámara catalá “se puidese falar de todo”.

Segundo a redacción da proposta, lémbrase que o Parlament “aprobou decenas de resolucións políticas sobre o dereito á autodeterminación desde o ano 1989 sen que isto fose obxecto de persecución e censura por parte das institucións do Estado”.