A CUP DESLIXITIMA O PSC

O Parlament solicita a Torra unha cuestión de confianza ou eleccións

O Parlament solicita a Torra unha cuestión de confianza ou eleccións
Quim Torra
Quim Torra  

A moción presentada polo PSC aprobouse cos votos da oposición, agás a CUP, que non participou por considerar o texto unha "tomadura de pelo".


A votación da moción presentada polo PSC esixe a Torra someterse a unha cuestión de confianza ou convocar eleccións, baseándose na carencia de orzamentos e a perda da maioría parlamentaria do Govern.

A iniciativa do PSC saíu adiante por un voto de diferenza (62 fronte a 61), contando co apoio de todos os grupos agás ERC e JxCat, e perante a posición da CUP de negarse a participar da votación dun texto que cualificou de "tomadura de pelo".

Maria Sirvent, deputada da CUP, comunicou que non participarían da votación porque consideran a inciativa do PSC como tomadura de pelo e deslixitimaron ao partido de Iceta por teren feito presidenta de Catalunya a Soraya Sáenz de Santamaría.

Torra aclarou no pleno que non ten intención de atender esta petición da oposición, e cualificou de irresponsábel querer avanzar agora os comicios en Catalunya e insistiu que JxCat e ERC contan coa "maioría" no Parlamento para seguir gobernando. Ademais, animou aos partidos da oposición a que presenten unha moción de censura se o que queren é desvancalo.



x