O Parlamento británico nega por terceira vez a saída da UE

O Parlamento británico nega por terceira vez a saída da UE
Theresa May
Theresa May  

Por vez terceira, o Parlamento de Westminster rexeitou a saída do Reino Unido da Unión Europea con 344 votos en contra da saída e 286 a favor.


Un total de 344 parlamentares pronunciáronse contra a saída do Reino Unido da Unión Europea, fronte a 286 lexisladores en contra. É a terceira vez que o Parlamento de Westminster se posiciona en contra da saída, coñecida como Brexit, do Reino Unido da UE, despois das votacións de xaneiro e de marzo deste ano.

Ante o rexeitamento desta sexta feira ao proxecto de Acordo de retirada do Brexit por parte da primeira ministra británica Theresa May están sobre a mesa dúas alternativas: acadar a separación do Reino Unido sen acordo ningún para o próximo 12 de abril ou estender o Brexit, nunha estratexia que suporía malestar e incertezas no bloque europeo.

Entre quen deu esta sexta feira o seu apoio a May figuran o ex ministro de Exteriores Boris Johnson, un dos máis firmes partidarios do Brexit, e Jacob Rees-Mog, das filas do Partido Conservador.

A votación desta sexta feira constituía o último intento do Goberno británico de cumprir coas esixencias dos seus socios da UE de aprobar o acordo esta semana para garantir unha prórroga do Brexit até o 22 de maio.

O líder laboralista, Jeremy Corbyn, preguntou á xefa de Goberno se “acepta finalmente” que os parlamentares non van aprobar o seu acordo e sinalou que a Cámara ten a “responsabilidade” de tratar de atopar a próxima segunda feira “un mellor acordo para o país”. “Hai que atopar unha alternativa e se a primeira ministra non pode aceptalo, entón debe irse, non nunha data indeterminada no futuro, senón agora, para que poidamos decidir o futuro deste país”, salientou.



x