O parlamento grego aproba, cos votos en solitario de Syriza, a nova lei de despexos

O parlamento grego aproba, cos votos en solitario de Syriza, a nova lei de despexos
Alexis Tsipras
Alexis Tsipras  

A norma permite desafiuzar da súa casa (primeira vivenda) unha persoa debedora, algo que até agora non podía facerse.


O parlamento grego aprobou unha nova lei sobre despexos co único apoio dos votos dos deputados da gobernante Syriza. A norma permite desafiuzar a unha persoa debedora da súa primeira vivenda, dando cumprimento así a unha das medidas acordadas cos acredores en troques de financiamento de 2.000 millóns de euros e 10.000 millóns para a recapitalización da banca, segundo Naiz.

No debate na sesión plenaria a oposición coincideu en rexeitar unha lei que contempla por primeira vez, e despois dunha moratoria de 5 anos, despexar a unha persoa da súa primeira vivenda, un ha medida que Alexis Tsipras – primeiro ministro- prometera non aplicar.

O acordo atinxido esta semana coa Comisión europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario só contempla unha protección absoluta para os propietarios de vivendas cuns ingresos moi baixos e que representan por volta do 25% da carteira de hipotecas en débeda.

A votación desta medida acusou de novo as disidencias dentro da coalizón de Gobierno formada por Syriza e Gregos Independentes (ANEL), que perdeu 2 dos seus deputados tras expulsaros por non apoiar a votación.