SOBERANISMO

O Plaid Cymru promete un referendo en Gales na vindeira década

O Plaid Cymru promete un referendo en Gales na vindeira década
Adam Price, líder do Plaid Cymru
Adam Price, líder do Plaid Cymru  

“A independencia é imperativa de querermos resolver os nosos problemas como nación”, afirma o líder do partido nacionalista, Adam Price.


O líder do partido nacionalista galés Plaid Cymru, Adam Price, asegurou nunha entrevista para BBC Radio na mañá desta sexta feira que en Galés se votará un referendo pola independencia do Reino Unido “na vindeira década sen ningunha dúbida”.

Segundo Price, “o Reino Unido cesará de existir tal e como o coñecemos en pouco anos”. “A situación estase a acelerar”, sinalou na entrevista. Ademais, nun recente discurso ante membros do seu partido -que actualmente ocupa 10 asentos dos 60 con que conta a Asemblea Nacional galesa- esporeou o Plaid Cymru para convencer o electorado de que “a independencia é imperativa de querermos resolver os nosos problemas como nación”.

Nese mesmo discurso, Adam Price anunciou algunhas das liñas políticas de cara ás eleccións lexislativas previstas para 2021, e prometeu que faría de Gales “non só un gran país no que medrar, senón un digno lugar no que envellecer”, informa BBC News.