AMÉRICA LATINA

A policía reprime unha nova marcha contra o golpe no centro de La Paz

A policía reprime unha nova marcha contra o golpe no centro de La Paz
Os manifestantes portaron os cadaleitos dos mortos o día anterior [Europa Press]
Os manifestantes portaron os cadaleitos dos mortos o día anterior [Europa Press]  

A manifestación portaba os cadaleitos dos mortos o día anterior no desaloxo por parte do Exército de Bolivia das inmediacións dunha planta de distribución de combustíbel.


As cidade de El Alto e de La Paz, separadas por uns 10 quilómetros, volveron vivir esta quinta feira, 22 de novembro, unha xornada de mobilizacións, 11 días despois de consumarse o golpe de Estado en Bolivia e a instauración dun Goberno de facto encabezado pola senadora Jeanine Áñez, autoproclamada presidenta interina.

Os manifestantes denunciaron ademais a represión por parte das forzas de seguridade do Estado. Nesta semana e media, un total de 34 persoas perderon a vida.

EuropaPress_2505005_21_November_2019_Bolivia_La_Paz_Supporters_of_the_resigned_Bolivian_President_Evo_Morales_carry_a_coffin_with_the_remains_of_a_victim_of_the_recent_violent_clashes_and_demand_the_end_of_the_current

Na marcha desta quinta feira, o grupo de manifestantes portou os féretros das persoas falecidas na cuarta feira durante a disolución por parte do Exército dunha concentración nos arredores da planta de Xacementos Petrolíferos Fiscais Bolivianos, situada en Senkata, tamén da cidade de El Alto.

De novo as forzas policiais actuaron para dispersar a marcha con gases lacrimóxenos despois de chegar desde El Alto ao centro de La Paz pouco antes das 14.30 horas (horario local).

Á altura da Praza San Francisco a policía lanzou botes de gas ao tempo que axentes antidisturbios en motocicleta arremetían contra o grupo. As e os manifestantes comezaron a correr, e algún dos cadaleitos quedou no chan entre gases lacrimóxenos.

EJ9nnJXXsAAwiuK

«Impunidade»

Segundo a Defensora do Pobo de Bolivia, Nadia Cruz, polo menos nove persoas resultaron mortas no enfrontamento de Senkata, todos varóns e a maioría menores de 30 anos.

Os testemuños recollidos por medios rexionais apuntan que as tropas dispararon contra o grupo de civís, que tentaba impedir a toma militar e policial da planta de distribución de combustíbel.

Varios organismos de dereitos humanos está a pular pola derrogación dun decreto emitido por Áñez que, segundo denuncian, permite aos militares e á policía reprimir as e os manifestantes sen repercusións penais.