A presenza dos presos políticos cataláns protagoniza a constitución do congreso e senado españois

A presenza dos presos políticos cataláns protagoniza a constitución do congreso e senado españois
Imaxe: ERC
Imaxe: ERC  

Meritxel Batet elixida presidenta da cámara baixa co apoio de Unidas Podemos e PNV e Manuel Cruz da cámara alta. Os deputados e deputadas de Vox fixeron ruído cada vez que tomaba a palabra algún ou algunha parlamentar independentista.


A presenza dos presos políticos cataláns Oriol JunquerasJosep Rull, Jordi Turull, Jordi Sànchez e Raül Romeva marcou as sesións de constitución do Congreso e do Senado, que decorreron esta terza feira. Uns plenos nos que saíron elixidos os socialistas Meritxel Batet e Manuel Cruz como respectivos presidentes en cada unha das cámaras españolas. Batet foi elixida en segunda volta co apoio de Podemos e PNV.

Mais foron os presos cataláns electos como deputados o 28 de abril quen acapararon os focos. Trasladados de prisión até o Congreso e Senado para tomar parte nos actos de constitución das cámaras para, posteriormente, volver ser trasladados ao cárcere. Cada vez que un deles tomou a palabra para prometer o cargo ou o facía un de EH Bildu, os representantes de Vox pataleaban e batían nas súas mesas para evitar que se lles escoitase.

Yolanda Díaz e Gómez Reino usaron para prometer a fórmula: “Para cumprir co mandato da cidadanía galega, da democracia e dos dereitos sociais, prometo. O pobo é quen máis ordena”

“Desde o compromiso republicano, como preso político e por imperativo legal, si, prometo” foi a fórmula empregada polo presidente de ERC Oriol Junqueras para tomar posesión do seu cargo. Jordi Sánchez (JxC) prometeu “desde o compromiso coa lealdade ao 1-O”, na liña dos tamén deputados de JxC Jordi Turull e Josep Rull. As catro representantes de EH Bildu no Congreso empregaron a fórmula “prometo, por imperativo legal, até a proclamación da República Vasca”.

As deputada galegas de Unidas Podemos, Yolanda Díaz e Gómez Reino usaron para prometer a fórmula: “Para cumprir co mandato da cidadanía galega, da democracia e dos dereitos sociais, prometo. O pobo é quen máis ordena”.