SPYWARE

Un programa espía israelí infecta teléfonos cunha chamada perdida de WhatsApp

Un programa espía israelí infecta teléfonos cunha chamada perdida de WhatsApp
WhatsApp
WhatsApp  

WhatsApp descubriu un programa espía dirixido a infectar teléfonos móbiles para obter información. Este ‘spyware’ foi desenvolvido pola compañía israelí de intelixencia cibernética NSO Group, autora tamén do programa Pegasus empregado para hackear a profesionais da avogacía, disidentes e activistas de dereitos humanos.


Un avanzado programa informático espía (‘spyware’) infectou teléfonos móbiles dun número descoñecido de persoas usuarias ao recibiren unha chamada perdida, segundo confirmou WhatsApp.

Os datos achegados pola compañía de mensaxes telefónicos sinalan que os atacantes transmitían o código malicioso ao dispositivo chamando á persoa usuaria, e a infección producíase, contestase ou non.

O erro de seguranza foi descuberto en maio e feito público por primeira vez polo Financial Times.

NSO é unha empresa de intelixencia cibernética israelí

O programa espía foi desenvolvido pola empresa israelí de intelixencia cibernética NSO Group, cuxo 'software' Pegasus foi xa empregado para hackear a profesionais da avogacía, disidentes e activistas de dereitos humanos, segundo informou o xornal FT.

Tense sinalado o software espía Pegasus como probabelmente empregado para acometer o asasinato do xornalista Jamal Khashoggi, exiliado de Arabia Saudita pola súa crítica ao réxime e asasinado nen 2018 no consulado dese país en Istambul. Segundo recolle o Finacial Times, a empresa NSO asegurou ao xornal que estaba a investigar os ataques a WhatsApp.

Polo de agora coñécese que o 12 de maio produciuse un ataque espía ao móbil dun avogado implicado na demanda contra NSO Group presentada por un grupo de xornalistas mexicanos, críticos co goberno sionista e máis dun disidente da Arabia Saudita.

Pola súa banda, desde WhatsApp informouse que o ataque ten todas as características dunha empresa privada que traballa cos gobernos para entregar un software espía que asume as funcións dos sistemas operativos dos teléfonos móbiles.