Quen foi quen na votación sobre o TTIP

Quen foi quen na votación sobre o TTIP
[Imaxe Plataforma cidadá de Ourense 'Non ao TTIP']
[Imaxe Plataforma cidadá de Ourense 'Non ao TTIP']  

O Estado español conta con 54 europarlamentares en Bruxelas. Que votou cada quen e quen estaba ausente no encendido debate sobre o Tratado de Libre Comercio entre a UE e EUA? E as persoas que representan a Galiza?


O Parlamento europeo tiña previsto na xornada de onte (10 de xuño) o debate e votación correspondente ao mandato de negociación do TTIP --o Tratado de Libre Comercio que prevén asinar a Comisión Europea e a administración estadounidense. Porén, as disensións internas no seo do grupo parlamentar socialista auguraba unha posíbel derrota polo que, o presidente da Eurocámara, Martin Schulz, adiou a tramitación do punto recollido na orde do día até unha data non concretada. 

Schulz, fíxoo de acordo co artigo 175 do Regulamento segundo o cal a presentación de máis de 50 emendas ao documento aprobado pola Comisión de Comercio Internacional, permite a remisión de novo a este órgao na procura dun maior consenso. 

No cerne da decisión do Presidente do lexislativo comunitario sitúase a división interna do Partido Socialista Europeo no que non [email protected] europarlamentares rexeitan as mensaxes contraditorias enviadas pola formación, no concreto, a respeito do mecanismo de resolución de controversias ou tribunal de arbitraxe, máis coñecido como ISDS. 

O grupo socialista, que tradicionalmente se opuxo a esta ferramenta, pactou co Partido Popular europeo a aprobación dun informe incial que contemplaba esta figura. Días despois o mesmo grupo emendábase a si propio e presentaba 3 emendas ao texto orixinal recuando. 

Os ir e vir do PSOE europeo abriron unha fenda entre as persoas que integran o grupo e non poucas amosaron a súa vontade de votar en contra no pleno da Eurocámara o que obrigou a Schulz a botar man da burocracia para evitar a derrota. 

"A cidadanía non entende que non se vote", dixo Gabi Zimmer voceiro de GUE/NGL

Debate

Na cuarta feira o inicio da sesión plenaria prevíase tensa e non defraudou. Por volta das 7:00 a.m iniciouse un intenso e afervoado debate no que o grupo dos Verdes/Esquerda Nórdica Europea (GUE/NGL) mantiveron unha dura crítica ao TTIP e ao pacto entre populares e socialistas para adiar o debate e votación. "A cidadanía non entende que non se vote", espetou o voceiro do grupo segundo as declaracións recollidas por EFE. "Os dous grandes grupos agochándose detrás dos parágrafos do regulamento e deixando o Parlamento europeo sen voto", sinalou Gabi Zimmer. 

Mais finalmente votouse, iso si, sobre a posibilidade de abrir o debate. Por só dous votos (181 NON / 183 SI) a coligazón PP-PSOE saíu do paso. Mais, que votou cada unha das 54 persoas que representan o Estado español en Bruxelas? E, quen estivo ausente?

Segundo recolle a acta de votación publicada na web da Eurocámara votaron a favor de adiar o debate:

  • PP
  • Pilar del Castrillo Vera
  • Agustín Díaz de Mera
  • Esteban González Pons
  • Gabriel Mato 
  • Francisco J. Millán Mon (GALIZA)
     
  • UPyD
  • Beatriz Becerra
  • Enrique Calvet
  • Maite Pagazaurtundúa
  • EAJ-PNV
  • Izaskun Bilbao 

    Abstivéronse
     
  • PSOE
  • Clara Aguilera
  • Inés Ayala
  • José Blanco (GALIZA)
  • Jonás Fernández
  • Enrique Guerrero

    Votaron en contra de adiar o debate:
     
  • EH-Bildu / Os pobos deciden
  • Josu Juaristi
  • ERC
  • Josep María Terricabras
  • Compromís
  • Jordi Sebastiá
  • Nova Esquerra Catalana
  • Ernest Maragall
  • Izquierda Unida
  • Marina Albiol
  • Javier Couso
  • Paloma Gómez
  • Ángela Vallina
  • AGEe
  • Lidia Senra (GALIZA)
  • Podemos
  • Tania González Lola Sánchez
  • Estefanía Torres
  • Miguel Urban
  • ICV
  • Ernest Urtasun

Pablo Iglesias auséntase

Entre as ausencias, os dous eurodeputados de Ciudadanos; 12 europarlamentares do PP; 8 do PSOE (entre as que se atopaba a cabeza de lista nas europeas, Elena Valenciano), un deputado de UPyD e Juan Fernando López Aguilar, agora como non adscrito após a súa saída do PSOE por mor da investigación xudicial aberta por un presunto delito de violencia machista. 

A sorpresa da xornada foi a ausencia de Pablo Iglesias, integrante do grupo Verdes/Esquerda Nórdica --o máis crítico. Durante o debate e votación o líder de Podemos atopábase nunha tertulia organizada pola Cadena Ser na propia sede parlamentar e que durou arredor de 40 minutos.