Reunión de urxencia dos mandos do exército exipcio tras restablecer Mursi o Parlamento

Reunión de urxencia dos mandos do exército exipcio tras restablecer Mursi o Parlamento
Mursi, presidente de Exipto
Mursi, presidente de Exipto  
O novo presidente de Exipto, o islamista Mohamed Mursi, anulou a resolución da Xunta Militar de paralizar o parlamento

O Consello Supremo das Forzas Armadas (CSFA) de Exipto mantén unha reunión de urxencia para avaliar a decisión do presidente, Mohamed Marsi, de restablecer o parlamento, anulado por un dictame da Xunta Militar.

A axencia oficial Mena informa de que a cúpula castrense, presidida por Husein Tantaui, está´a valorar que posíbeis pasos dar ante unha decisión do presidente que parte das forzas armadas consideran que é unha afrenta.

Alén disto, Mursi tamén anunciou a intención de convocar un referendo sobre a nova constitución exipcia, así como que se realicen eleccións nos 60 días seguintes á ratificación da nova carta magna.