CATALUNYA

Rufián aposta por febreiro para as eleccións catalás e Tardà para a presidencia

Rufián aposta por febreiro para as eleccións catalás e Tardà para a presidencia
Gabriel Rufián
Gabriel Rufián  

Febreiro de 2020 é unha das datas que o portavoz de Esquerra Republicana de Catalunya deixa caer para a celebración dunhas novas eleccións ao Parlament de Catalunya. O deputado independentista aposta tamén por Tardá como candidato á presidencia fronte outras opcións republicanas.


Catalunya irá proximamente ás urnas segundo deixou caer o portavoz de Esquerra Republicana no Congreso, Gabriel Rufián. Febreiro de 2020 é a data pola que o deputado independentista apostou como posibilidade.

Rufián amosou a súa preferencia polo ex deputado nas Cortes Joan Tardà como candidato

Para a elección da nova presidencia do país, Rufián amosou a súa preferencia polo ex deputado nas Cortes Joan Tardà como candidato, fronte outras opcións que se barallan na opinión pública como o president actual do Parlament, Roger Torrent ou Pere Aragonès. “A min gústame Tardà”, sentenza Rufián nun entrevista concedida a eldiario.es

Rufián tamén avoga porque Sánchez sexa presidente do Estado, mais de querer o soporte de ERC han de estabelecerse encontros de diálogo e negociación como os que xa propuxeron desde o partido republicano, mais asegura que non lle estrañaría que o PSOE fose á investidura sen dialogar.

O Senado non reproba os insultos de Hernando a Romeva

Non terán ningunha consecuencia os insultos que o secretario cuarto do Senado, o popular Rafael Hernando, profesou contra o senador independentista Raül Romeva (recentemente suspenso pola mesa da cámara cos votos de PSOE e PP e un voto en contra do PNV) cando este estaba prometendo o cargo de senador, acatando a Constitución Española por imperativo legal para traballar polo estabelecemento da República Catalá.

A mesa do senado desestimou a a petición de Mireia Cortès e Bernat Picornell, representantes de Esquerra na cámara alta, que demandaban a reprobación de Hernando.

O senador do PP interrumpiu a Romeva mentres prometía o cargo e expresou “que se foda, desgraciado"

O senador do PP interrumpiu a Romeva mentres prometía o cargo e expresou “que se foda, desgraciado”, incumpríndose o artigo 84.3 do regulamento da cámara que impide as interrupcións ás e aos senadores e o artigo 101.1 que obriga a presidencia a chamar á orde a quen pronuncie palabras ofensivas.