COMUNICADO DO SECRETARIO DE ESTADO, MIKE POMPEO

Washington ignora a matanza e orgúllase da inauguración da súa embaixada en Xerusalén

Washington ignora a matanza e orgúllase da inauguración da súa embaixada en Xerusalén
Pompeo, con Trump
Pompeo, con Trump  

O secretario de Estado norteamericano, Mike Pompeo, emitiu un comunicado en que omite calquera referencia ao masacre perpetrado esta segunda feira polo Exército israelí no territorio ocupado de Gaza.


Pompeo non é calquera na Administración Trump. Antes de asumir a secretaría de Estado (equivalente ao Ministerio de Asuntos Exteriores), estivo á fronte da CIA. A súa primeira viaxe ao exterior como responsábel da diplomacia norteamericana foi a Israel.

 

Con 52 cadáveres palestinos sobre os campos de Gaza, Pompeu emitiu un comunicado en que se declara "orgulloso" por celebrar a abertura da embaixada dos EUA en Xerusalén. "Este significativo evento dá cumprimento a unha promesa feita polo presidente Trump". O alto cargo de Washington lembra que os EUA recoñeceron Israel hai 70 anos, baixo a presidencia de Truman. "Desde entón, o Estado de Israel fixo de Xerusalén a súa capital, a capital que o pobo xudeu estabeleceu xa nos tempos antigos. É portanto apropiado que os Estados Unidos recoñezan Xerusalén como capital de Israel".

 

"Continuamos", conclúe Pompeo, "comprometidos en avanzar cara unha duradeira paz entre Israel e os palestinos".

 

Mais a ollos do pobo palestino este último movimento de Washington desautorízao como mediador e colócao claramente a carón do opresor israelí.

 



x