O Senado arxentino rexeita despenalizar o aborto

O Senado arxentino rexeita despenalizar o aborto

Por 38 votos a favor e 31 en contra, así como dúas abstencións. O proxecto fora aprobado na Cámara de Deputados.


Após horas de debates, o Senado de Arxentina vén de rexeitar sancionar un proxecto de lei que tiña como finalidade despenalizar o aborto até a semana 14 de xestación. O texto da Lei de interrupción voluntaria do embarazo fora aprobado na Cámara dos Deputados a mediados do pasado mes de xuño mais non logrou pasar a última e definitiva fase: o Senado. O proxecto tivo 31 votos a favor e 38 en contra, rexistrándose tamén 2 abstencións.

 

A iniciativa non poderá ser presentada de novo para o seu trámite parlamentar até o vindeiro ano. Os defensores da mesma chamaron a non baixar os brazos nin caer en derrotismo e poñer en valor as multitudinarias mobilizacións en Arxentina de centos de miles de mulleres a favor deste proxecto. “Chegar atá aquí” é un “paso de xigante”, salientan desde o feminismo, que xa anunciou que seguirá dando a batalla polo dereito a un aborto legal e seguro.



x