Suíza recoñece dúas novas linguas

Suíza recoñece dúas novas linguas
Cantón de Xura
Cantón de Xura  

O Consello Federal suízo aprobou o recoñecemento do arpitán e franco-contés como linguas minoritarias.


Suíza continúa a dar pasos cara ao recoñecemento da súa gran diversidade lingüística. Este país, que ten catro idiomas oficiais (romanche, italiano, alemán e francés), ven de recoñecer o arpitán ou franco-provenzal e o franco-contés como linguas minoritarias. Fíxoo o seu Consello Federal (equivalente ao consello de ministros) nunha xuntanza a principios deste mes e após aprobar o último informe da Carta europea de linguas minoritarias e rexionais.

O franco-provenzal fálase no suroeste de Suíza e tamén en determinados territorios de Francia (Saboia) e Italia (Aosta, Piamonte). Ten por volta de 140.000 falantes e a Unesco considéraa unha lingua en perigo. De por parte, o franco-contés é falado no cantón suízo de Xura e en certos puntos do Estado francés. 



x