O Supremo británico declara por unanimidade ilegal o feche do Parlamento

O Supremo británico declara por unanimidade ilegal o feche do Parlamento
boris johnson
boris johnson  

Boris Jhonson decretara o pasado 10 de decembro o fechamento durante un mes de Westminster.


O Tribunal Supremo Británico declarou por unanimidade ilegal a suspensión das sesión parlamentares que decidiu o primeiro ministro británico, Boris Jhonson, e o fechamento do Parlamento. A decisión adoptouse por unanimidade dos 11 xuíces do Supremo. Consideran que Jhonson quixo silenciar as cámaras nas semanas previas ao Brexit.

A decisión de Jhonson, adoptada o pasado 10 de setembro, xerou una forte polémica e rexeitamento. Os deputados e deputadas contrarios a esta medida denunciaron que o primeiro ministro quería así suspender o parlamento nas vésperas do Brexit.

A Corte de Apelacións de Escocia decidirá tamén en contra do fechamento. Non así o Tribunal Supremo de Londres, que o fixera a favor entendendo que esa medida estaba entre as prerrogativas do primeiro ministro británico.

Bris Jhonson suspendeu o Parlamento do 10 de setembro ao 14 de outubro alegando que precisaba tempo para redeseñar a súa axenda de actividade lexislativa.