XUÍZO AO 'PROCÉS'

O Supremo desbota o delito de rebelión consumada e decantaríase polo de sedición

O Supremo desbota o delito de rebelión consumada e decantaríase polo de sedición

Adiántao El País e Ara citando fontes xudiciais. Os maxistrados do TS decantaríase por condenar as e os líderes independentistas por sedición, que implicaría 12 anos de cárcere para as persoas condenadas.


O Tribunal Supremo desbotou condenar por un delito de rebelión consumada aos 12 independentistas xulgados nestes meses no coñecido como xuízo do 'procès'. Adiántao esta sexta feira El País, medio tradicionalmente con boas fontes na maxistratura española. Este delito supón entre 15 e 25 anos de cadea. Mais que se desbote a rebelión non quer dicir que se baralle a absolución das persoas acusadas. Así, e como indica o xornal do grupo Prisa, a sedición sería a opción sobre a mesa, que implicaría até 12 anos de cárcere para cada unha das persoas condenadas.

Porén, as penas e delitos modularíanse segundo “o grao de implicación” de cada un dos independentistas. Os 7 maxistrados da sala están procurando unanimidade da sentenza que,segundo sempre El País, contemplaría no mínimo 9 condenas e darase a coñecer a principios da vindeira semana.

Pola súa banda, Ara mantén que o TS condenará os acusados por sedición, nunha decisión que é unánime. apontan. Na información, de Ernesto Ekáizer, tamén se sinala que a sentenza coñecerase a segunda feira.