O TC anula os artigos da Lomce que impuñan o ensino do castelán en Catalunya

O TC anula os artigos da Lomce que impuñan o ensino do castelán en Catalunya

O Alto Tribunal estima por unanimidade o recurso da Generalitat contra a coñecida popularmente como Lei Wert.


En pleno debate político sobre mesmo a utilización do artigo 155 para impor o ensino do castelán en Catalunya, o TC acaba de dar a coñecer un fallo que sen dúbida irritará os sectores máis españolistas do taboleiro político estatal.

 

O TC considera que a Lomce invadía competencias autonómicas ao dispor medidas que garantisen o ensino do español no Principat. En concreto, na sentenza considérase que non é admisíbel que, como prescribía a LOMCE, se utilize a alta inspección educativa para o Estado asumir competencias que son propias das comunidades autónomas.

 

A LOMCE prevía un sistema polo cal, através da Alta Inspección de Educación, se podían utilizar fondos públicos (6.000 euros por estudante) para a escolarización en centros privados daquelas alumnas que preferisen o ensino en castelán.

 

Ese sistema non respeita a repartición de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas, polo que fica derrogado por esta sentenza do TC. Desde que entrou en vigor a LOMCE, só 50 estudantes de Catalunya receberan estas axudas públicas, agora consideradas ilegais, para seren escolarizados en español, sempre en escolas privadas.

 

O TC tamen ve fóra da Constitución a disposición final da lei que outorga ao Estado faculdades para regular as bases da educación plurilingüe (a impartición de asignaturas non lingüísticas en linguas estranxeiras) desde o segundo ciclo de educación infantil até bacharelato.

 

 

 



x