Quebec: á terceira vai a vencida? Un 44% da poboación a prol da independencia

Quebec: á terceira vai a vencida? Un 44% da poboación a prol da independencia
[Imaxe: S.E.]
[Imaxe: S.E.]  

O estudo que elabora o instituto Crop sitúa o apoio á secesión do Quebec no seu punto máis alto nos últimos anos. A primeira ministra non desbota un novo referendo (sería o terceiro) de autodeterminación, mais sinala que dita consulta farase “no momento acaído”. Mentres, en Canadá están á espreita.


Un 44% das persoas que viven en Quebec votarían a prol da independencia deste país se hoxe houbese un referendo de autodeterminación. Así o recolle o informe do instituto Crop citado por Nationalia sobre a 'evolución do clima político no Quebec'. Sería o apoio máis alto á independencia atinxido nos últimos anos, Nunha enquisa anterior, de novembro de 2011, @s [email protected] da independencia non chegaban o 33%, 11 puntos por baixo da actualidade.

No referendo de autodeterminación de 1980 o independentismo atinxira o 40% dos votos

A primeira ministra de Quebec, Pauline Marois, é partidaria de convocar un novo referendo de autodeterminación, tras os de 1980 e 1995 (no que venceran @s favorábeis a seguir formando parte de Canadá). Iso si, matiza que esa consulta farase “no momento acaído” e que, en todo caso, non debe ser “un paso precipitado” que “empeñe aos quebequeses”.

Eleccións en chave de independencia

Marois é presidenta de Quebec polo nacionalista Partit Quebequès (PQ). Malia finar o seu mandato en 2016, Pauline Marois podería adiantar a cita coas urnas pois goberna en minoría desde 2012 e o PQ segue con atención as enquisas que lle dan un alza electoral nestes tempos.

[email protected] 125 [email protected] do parlamento, 75 son de formacións soberanistas

O soberanista PQ ten actualmente 54 [email protected] 125 [email protected] da cámara de Quebec. O PLQ (federalista canadiense) ten 50, a Coaligación Avenir Quebec (CAQ, nacionalista quebequés) 19 e Quebec Solidari (QS, independentismo), 2.

A primeira ministra de Quebec compromete a redacción dun 'Libro Branco' sobre o futuro do Quebec, documento no que alicerzar as bases dun diálogo “de ti a tí” con Canadá, e abrir ás portas á soberanía quebequesa.