O terceiro home gaña a primeira volta nas primarias da dereita francesa

O terceiro home gaña a primeira volta nas primarias da dereita francesa
Fillon nun acto perante 7.000 persoas. Imaxe: @FrançoisFillon
Fillon nun acto perante 7.000 persoas. Imaxe: @FrançoisFillon  

Fillon imponse a Juppé. Ambos os dous pasan á segunda volta, da que fica fóra Sarkozy.


O ex primeiro ministro francés François Fillon impúxose na primeira volta das primarias do centro dereita francés, nas que participaron máis de catro millóns de persoas. Superou Alain Juppé, que quedou segundo, e Nicolás Sarkozy. Este fica eliminado, non pasando á segunda volta e fracasa na súa aposta en ser cabeza da dereita gala para reconquistar o Elíseo, actualmente en mans dos socialistas.

Fillon, de 62 anos de idade, foi considerado durante boa parte da campaña como o terceiro candidato nunha pugna que a priori se presentaba como un duelo entre Juppé e Sarkozy. Porén, nas últimas semanas Fillón foi remontando nos inquéritos e sondaxes. Obtivo o 44% dos votos, superando en 16 puntos a Juppé e en 23 a Sarkozy.

A maiores, Fillon recibe agora o apoio para a segunda volta de Sarkozy e do ex-ministro Brune Le Maire, tamén candidato na primeira fase das primarias. Apoios importantes de cara a unha segunda volta que vai decorrer esta fin de semana e na que o que fora primeiro ministro entre 2007 e 2012 parte, agora si, coma favorito.