Torres implica a Cristina Borbón na xestión do Instituto Nóos


Torres implica a Cristina Borbón na xestión do Instituto Nóos
O ex socio de Iñaki Urdangarín, Diego Torres, está a declarar neste mesmo momento perante o xuíz. Segundo trascendeu, implicou na cúpula de Nóos a Cristina Borbón. Isto podería traer como consecuencia a imputación da filla do Rei.

Segundo fontes próximas a el, Torres deixou dúas mensaxes. Primeira, que Cristina Borbón estaba ao tanto das xestións que realizaba Nóos, a empresa que pretensamente se empregaba para obter fundos públicos de xeito irregular. Segunda, que en 2004, e na compaña de Urdangarín, mantivo unha reunión no Palacio da Zarzuela co daquela presidente valenciano, Francisco Camps, e a alcaldesa Rita Barberá, para concertar un dos negocios da empresa, o Valencia Summit. Segundo a Fiscalía Anticorrupción, Nóos recebeu de forma inxustificada diñeiro público por emprestar colaboración con este evento.

Na reunión, segundo indicou, non estivo presente o Rei.