![Cimeira do G7 [Imaxe: @G7] Cimeira do G7 [Imaxe: @G7]](/media/sermosgaliza/images/2019/08/25/2019082513330950493.jpg)
Donald Trump anuncia “un grande acordo comercial” co Reino Unido unha vez Boris Johnson efectúe o Brexit. Mentres, Emmanuel Macron pula por autoerixirse líder da Unión Europea recollendo o legado da Alemaña de Angela Merkel. As protestas sociais continúan arredor da cimeira capitalista con cargas policiais onde se empregan botes de fume, lanzamento de auga e de pelotas. Detivéronse arredor de 90 persoas nas rúas e nos controis de acceso a Francia.