Varias persoas feridas ao bater un vehículo ante o parlamento británico

Varias persoas feridas ao bater un vehículo ante o parlamento británico

O condutor do vehículo foi detido. Scotland Yard trata o atropello como un "incidente terrorista".


Varias persoas resultaron feridas após que un automóbil batese contra as barreiras de seguridade colocadas perante o Parlamento británico , segundo informa Scotland Yard.  O condutor do vehículo, cuxa identidade se descoñece até agora, foi detido. As rúas máis próximas ao Parlamento así como a estación de metro de Westminster foron fechadas.

Nun principio non se desbotou ningunha hipóetse en torno aos feitos mais que esta zona fose en varias ocasións albo de ataques terroristas fixo que se decretase a alerta. Scotland Yard trata o atropello como un "incidente terrorista". A policía informa que non corre perigo a vida de ningunha das persoas feridas.



x