ANÁLISE

Venezuela, entre o plebiscito ilegal do 16X e as eleccións constituíntes do 30X

Venezuela, entre o plebiscito ilegal do 16X e as eleccións constituíntes do 30X

Dúas semanas separan o plebiscito realizado pola oposición antichavista, sen ningunha garantía legal, e as eleccións á Asemblea Nacional Constituínte convocada polo presidente da República. Unha caste de interregno en que o choque de lexitimidades e poderes vai ser levado até o límite para mesmo propiciar un golpe de Estado contra Nicolás Maduro. Eis un extracto do publicado no Sermos Galiza 255.


A crise política na Venezuela vén de elevar a súa temperatura. O plebiscito impulsado pola oposición realizado o pasado domingo, a través dunha consulta popular ilegal, sen supervisión de ningún organismo electoral, nin censo, nin garantías, está a ser utilizado pola dereita antichavista como factor chave na escenificación da súa pugna institucional. Desta maneira, botando man duns resultados que carecen da máis mínima verificación, a Mesa de Unidade Democrática (MUD), que aglutina o groso das forzas opositoras ao goberno de Nicolás Maduro, pretende poñer en marcha unha ofensiva política e social, que pivotando sobre a desobediencia e a conformación dun goberno alternativo agudice a crise na expectativa de poder forzar a saída do presidente constitucional do país e a caída do seu executivo.

En paralelo, ao mesmo tempo que a oposición desenvolvía o seu plebiscito, o Consello Nacional Electoral, que é a máxima autoridade constitucional no que atinxe aos procesos electivos, organizaba un exitoso simulacro das eleccións para a conformación da Asemblea Nacional Constituínte. Estes comicios desenvolveranse o vindeiro 30 de xullo, e resultarán na elección de 545 deputados e deputadas que terán como principal encomenda unha reforma constitucional que deberá ser ratificada por votación popular.

[Podes ler a análise íntegra no Sermos Galiza 255, á venda na loxa ou nos quiosques e puntos de venda habituais]