Vox entra na mesa do Congreso cunha vicepresidencia

Vox entra na mesa do Congreso cunha vicepresidencia

Ignacio Gil Lázaro, ex deputado do PP e actualmente na formación de extrema dereita, sentarase no órgano rector da Cámara.


Vox vai ter representación na Mesa do Congreso das e dos Deputados, órgano reitor e cun papel fulcral no día a día da Cámara. Ignacio Gil, deputado valenciano de extrema dereita ocupará unha vicepresidencia na Cámara grazas aos 52 votos da súa formación. Gil Lázaro foi deputado e senador polo PP e agora volve de novo ao Congreso da man da extrema dereita de Santiago Abascal.

A esquerda pedirá un ‘cordón sanitario’ contra a extrema dereita para evitar que entrase na Mesa do Congreso mais finalmente non foi así. Presentáronse só 4 nomes para as 4 vicepresidencias e PSOE renunciou a presentar un segundo candidato que poidese arrebatar o posto aos de Abascal.

Iso abriu a porta a que Vox sente neste órgano, facéndose coa cuarta vicepresidenta e sen que o PP lle cedese os votos. O PP propuxera a Vox un pacto para facilitar una cadeira a Ciudadanos e garantir tamén un posto para a formación de extrema dereita, mais Vox rexeitou ese acordo. Finalmente, a Vox chegoulle cos seus 52 deputados e deputadas.