Máis de 400.000 as persoas inscritas para a manifestación da Diada

Máis de 400.000 as persoas inscritas para a manifestación da Diada

A ANC afirma que vai ser un 11 de setembro “masivo”.


Xa son 400.000 as persoas anotadas para tomar `parte na manifestación independentista do 11 de setembro en Catalunya, 100.000 máis das que había este domingo, segundo os dados que esta terza feira ofreceu a ANC, Asemblea Nacional Catalana. A entidade presidenta por Elisenda Paluzie augura unha diada “masiva”. O lema elexido para este ano é “Obxectivo: independencia”.

Como xa é habitual nas manifestacións multitudinarias da Diada dos últimos anos, a mobilización divídese en diferentes tramos (este ano, en 26) para asegurar así unha distribución homoxénea das asistentes. Deses 26 tramos, 11 están xa completamente cheos en acnto a persoas

A mobilización terá a Praza de España de Barcelona como epicentro para desde aí debuxar unha estrela ocupando diversas rúas e avenidas. 'Obxectivo: Independencia” é a palabra de orde elixida para este ano. Desde a organización apelouse á cidadanía catalá a encher as rúas” para situar a “independencia no centro do debate”.