OS MILITARES, PREPARADOS PARA IR A AFGANISTÁN "OU A VALENCIA", DI DOMÍNGUEZ BUJ

O xefe da cúpula militar atribúe o ascenso do independentismo a que o poder central “é débil”

O xefe da cúpula militar atribúe o ascenso do independentismo a que o poder central “é débil”

O xefe de Estado Maior do Exército, xeneral Jaime Domínguez Buj, evocou 1898, cando o imperio español perdeu Cuba e Filipinas. “Cando a metrópoli se torna débil, prodúcese a caída”, dixo.


Domínguez Buj pronunciouse nestes termos durante o coloquio posterior a unha conferencia que impartiu no Instituto de Cuestións Internacionais e Política Exterior (Incipe) sob o título de “Un Exército para o século XXI”.

Inquirido sobre Catalunya, o chefe da cúpula militar declarou que “a todos nos doe España” e fixo unha reflexión histórica para concluír que os procesos independentistas xorden “cando o poder central é débil”.

Foi alén diso o xefe militar ao declarar que os militares “estamos preparados para intervir na forma que o goberno decida en cada escenario interior ou exterior”, ou sexa, exemplificou, “para ir a Afganistán ou a Valencia”.

O xefe militar evocou os sucesos de 1898 cando o imperio español perdeu as colonias de Cuba e Filipinas

Domínguez Buj tamén baixou á area política para neste caso respaldar o suposto cambio de estratexia de Rajoy a respeito de Catalunya. O alto mando militar defendeu un cambio na mensaxe que se lance desde Madrid ao pobo catalán co obxectivo de “gañar os corazóns e as mentes dos españois”.