O xuíz absolve o PP da destrución dos ordenadores de Bárcenas

O xuíz absolve o PP da destrución dos ordenadores de Bárcenas
Luís Bárcenas.
Luís Bárcenas.  PP
O maxistrado Eduardo Muñoz de Baena resolve que non está probado que os discos duros tivesen información e que a intención fose evitar a investigación da caixa B.

O Partido Popular, que foi procesado como persoa xurídica, e tres antigos empregados -Carmen Navarro; Alberto Durán, xefe do departamento xurídico do PP; e José Manuel Moreno, o xefe do departamento de informática do PP- foron absoltos dun delitos de danos informáticos e encubrimento "por falta de probas", segundo resolveu o titular do Xulgado do Penal número 31 de Madrid, Eduardo Muñoz de Baena. 

O maxistrado sostén que non quedou acreditado durante a vista oral que os acusados, no momento de borrar e destruír discos duros dos computadores empregados por Luis Bárcenas na sede do partido até xaneiro de 2013, pretendían eliminalos co fin de evitar ou dificultar a investigación que a Audiencia Nacional levaba a cabo sobre unha suposta contabilidade opaca do PP.

O xuíz tamén absolve o PP do delito de danos informáticos, o único do que foi acusado, porque un dos computadores pertencía ao partido e o outro descoñécese se era do PP ou de Bárcenas.