A Xunta Electoral Central exclúe das listas os presos políticos de Junts per Catalunya

A Xunta Electoral Central exclúe das listas os presos políticos de Junts per Catalunya
Carles Puigdemont, durante un discurso desde Bruxelas. Foto: cedida.
Carles Puigdemont, durante un discurso desde Bruxelas. Foto: cedida.  

Carles Puigdemont, Toni Comín e Clara Ponsatí non poderán optar a escano no Parlamento Europeo. A Xunta Electoral Central decidiu excluír os presos políticos das listaxes de Junts per Catalunya ao aceptar un recurso presentado por PP e Ciudadanos.
 


Segundo as formacións de dereita, as tres presas políticas atópanse en “rebeldía procesal penal” e, así, podían resultar inelixíbeis. Puigdemont, Comín e Ponsatí están no exilio.

Junts per Catalunya, a candidatura ao Europarlamento nucleada por Puigdemont, emitiu un comunicado de resposta en que acusan o órgano electoral de “falgrante vulneración dun dereito fundamental como é o do sufraxio pasivo”. “É a demostración da connivencia entre un sistema xudicial que debería ser independente con determinados intereses políticos da dereita nacionalista española”, sinala.