PREPARA A SAÍDA DA NOVELA GRÁFICA "ARDALÉN"

"Trazos de Xiz" de Miguelanxo Prado incorpórase á banda deseñada en galego

"Trazos de Xiz" de Miguelanxo Prado incorpórase á banda deseñada en galego
Obra de Miguelanxo Prado
Obra de Miguelanxo Prado  
A emblemática e premiada obra de Miguel Anxo Prado Trazos de Xiz incorpórase ao galego da man de El Patito Editorial que publicará próximamente a agardada novela gráfica Ardalén.

A emblemática e premiada obra de Miguel Anxo Prado Trazos de Xiz incorpórase ao galego da man de El Patito Editorial que publicará próximamente a agardada novela gráfica Ardalén.

Trazos de Xiz
é a obra que marca un punto de inflexión na traxectoria de Miguelanxo Prado, o autor máis recoñecido da banda deseñada galega. A publicación da obra en galego coincide coa quinta edición en castelán (Norma) desta obra multipremiada que supuxo tamén o lanzamento de Prado ao panorama internacional. Chega as librarías en galego cando se agarda a saída nos próximos meses de Ardalén, unha novela gráfica longa na que o autor leva traballando máis de dous anos.

O misterio e a linguaxe poética e metafórica agroman nesta obra que o propio autor significa na súa carreira artística. “Representa o libro que quere e busca. Racha co que está a facer, métese na casa e aposta forte. O resultado é unha obra singular, única e a súa consagración como autor” sinala Fausto Isorna, representante de El Patito Editorial. O autor de Golfiño recoñécelle a Prado non só o pincho que dá con este título senón o que supón para os debuxantes de banda deseñada no país. “Até Prado a historieta estaba considerada un xénero para nenos. Temos que agradecerlle a dignificación que a súa aparición supón para todos os profesionais. Unha revista como Golfiño non tería aparecido sen Miguelanxo Prado”.

De Ardalén, Miguelanxo xa deu a coñecer bosquexos na súa páxina web. Despois do seu traballo en De profundis, a aparición do novo título de Prado será unha feliz noticia tamén para El Patito Editorial que publicará a obra en galego ao tempo que aparece noutras catorce linguas o que, ao seu ver, supón un éxito nas xestións da edición de libros dun autor con esa presenza internacional en máis de catorce linguas.

O libro Trazos de Xiz é o quinto dos publicados do autor na colección “Clásicos da Historieta Galega” na que a editorial, afincada en Compostela, quere recoller a obra enteira en galego do autor da Coruña. Stratos, Os Compañeiros, A Orde da Pedra e De Profundis son os títulos publicados até o momento. “A editorial aposta por rematar coa eiva que supón non contar coa obra do noso máis internacional autor en galego” apunta Fausto Isorna.