Convócase o Modesto Figueiredo de narracións breves


Convócase o Modesto Figueiredo de narracións breves

A Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro vén de convocar o Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves. Os e as interesadas poden presentarse até o 16 de novembro. 

A Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro, coa colaboración do Concello de Teo, organiza o Certame Nacional Galego de Narracións Breves baixo o nome de "Premio Modesto R. Figueiredo”. Este certame organízase coa finalidade de promover a literatura narrativa en lingua galega e homenaxear ao seu artellador, o pontevedrés Modesto R. Figueiredo.

Os traballos han de ter un mínimo de cinco e un máximo de 30 páxinas e han de enviarse á Fundación ou ao Concello de Teo por quintuplicado antes do 16 de novembro deste ano. 

A obra gañadora será premiada con 1.000 euros. Se o xuri así o considera, dúas máis poderían obter senllos segundos premios de 400 euros cada un. 
Este premio leva convocándose desde 1976, con gañadores hoxe xa consolidados no noso sistema literario, como Xavier Alcalá, Víctor Freixanes, Tucho Calvo, Miro Villar, Bieito Iglesias, Antón Riveiro Coello, Rosa Aneiros, Francisco Castro ou Helena Villar.