XUNTO ESCRITORES E ESCRITORAS DOUTROS PAÍSES

Miguel Anxo Fernán Vello intervén na Feira Internacional do Libro de México D.F.

Miguel Anxo Fernán Vello intervén na Feira Internacional do Libro de México D.F.
Fernán-Vello
Fernán-Vello  

Miguel Anxo Fernán Vello, poeta, editor de Espiral Maior e colaborador de Sermos Galiza, atópase entre os grandes escritores e escritoras que intervirán hoxe na Feira Internacional do Libro no Zócalo (México D.F.).


Convidado polo Goberno da Cidade de México, Miguel Anxo Fernán Vello representa Galiza este sábado na XV Feira Internacional do Libro no Zócalo, unha feira na que participan tamén autores do Reino Unido como Ben Brooks, Sean O’Brien e Michael Hofmann e os españoles Almudena Grandes, Ángel Petisme e Luis García Montero, amais dun bo número de autores e autoras de Latinoamérica.

Ademais, a instancias do Seminario de Cultura Mexicana e da Universidade Autónoma de México (UNAM), o colaborador de Sermos Galiza participará como poeta no XVII Encontro de Poetas do Mundo Latino, que terá lugar entre o 22 e o 28 de outubro en México D.F. e tamén en Aguascalientes e San Luis de Potosí. Neste encontro cultural estarán presentes poetas como o peruano Eduardo Chirinos, a italiana Cinzia Marulli, o colombiano William Rouge, o venezolano Antonio Trujillo e a hondureña Mayra Oyuela, xunto poetas mexicanos e doutros países americanos.