Robert G. Picard, director do Reuters Institut da Universidade de Oxford, falará en Compostela sobre xestión de medios

Robert G. Picard, director do Reuters Institut da Universidade de Oxford, falará en Compostela sobre xestión de medios
Robert G. Picard
Robert G. Picard  
Un Seminario no Consello da Cultura Galega reflexionará sobre 'A reorganización da industria mediática e as políticas de incentivos no escenario europeo'. Xunta, USC e Universidade de Porto falarán de axudas aos medios.

O Consello da Cultura Galega acollerá o 9 de xuño un seminario de reflexión e debate sobre “A reorganización da industria mediática e as políticas de incentivos no escenario europeo”, no que intervirá Robert G. Picard, director do Reuters Institut da Universidade de Oxford (Inglaterra), un dos máis prestixiosos expertos en xestión de medios. Entregarase diploma acreditativo.
O seminario comezará ás 10:15 horas coas intervencións de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, e Alfonso Cabaleiro, secretario Xeral de Medios da Xunta de Galiza.
Seguirá o relatorio “Políticas públicas, axudas e desafíos para a industria dos medios de comunicación e a cultura”, impartido por Joâo Paulo Faustino, profesor da Universidade de Porto (Portugal). Moderará Francisco Campos Freire, profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Ás 11:30 horas Robert G. Picard disertará sobre “A creación de valor e o futuro das empresas de comunicación social”. Moderará Manuel Gago, profesor da USC e director do portal cultural do Consello da Cultura Galega.
Unha sesión de debate cos asistentes e a presentación das conclusións darán paso á clausura do seminario prevista para as dúas da tarde.