17M: encher as rúas do país para reivindicar que “máis que nunca, queremos galego”

17M: encher as rúas do país para reivindicar que “máis que nunca, queremos galego”

“Liberdade, igualdade e xustiza” para a lingua di a palabra de orde coa que a plataforma Queremos Galego convocou este 17 de maio 13 manifestacións en 13 localidades distintas. Estas mobilizacións simultáneas servirán para “deslocalizar” a gran marcha que, nos últimos anos, viña percorrendo Compostela.


“Máis que nunca, queremos galego”, recolle o manifesto de Queremos Galego deste 17 de Maio. Un desexo, unha reivindicación, unha necesidade para pular polo dereito “a ser lingua visíbel, audíbel, e practicábel sempre, a respirar libremente en todos os espazos”.

A esixencia de igualdade é fundamental para Queremos Galego. “Cómpre que as persoas que falan galego non teñan impedimento de ningún tipo á hora de facelo”, sinalou Luis Barral, da plataforma, quen lembrou outras circunstancias en que o uso da lingua propia de Galiza atopa dificultades, e mencionou “empresas, bancos, aseguradoras” ou a administración do Estado.

“Liberdade, igualdade e xustiza” para a lingua di a palabra de orde coa que a plataforma Queremos Galego convocou este 17 de maio 13 manifestacións en 13 localidades distintas.

As mobilizacións son:

A Coruña
Praza de Galiza ás 12:00h

Santiago de Compostela
Alameda ás 12:00h

Ferrol
Praza Vella ás 12:00h

Carballo
Praza do concello ás 12:00h

Lugo
Praza Maior ás 12:00h

Burela
Praza da Mariña ás 12:00h

Monforte
Praza de España ás 12:00h

Ourense
Praza do Ferro ás 12:00h

Pontevedra
Praza da Peregrina ás 12:00h

Vigo
Manifestación ás 12:00h. Saída cruzamento da Vía Norte coa Rúa Urzáiz.

A Estrada
Praza do mercado ás 12:00h

Lalín
Praza da igrexa ás 12:00h