7 de febreiro, Día dos Medios en Galego: #maisquepalabras

7 de febreiro, Día dos Medios en Galego: #maisquepalabras
Alguns representantes dos membros da Amega na Gala do Día dos Medios en Galego
Alguns representantes dos membros da Amega na Gala do Día dos Medios en Galego  

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) incide na necesidade de defender unhas ferramentas de comunicación “que manteñen vivo e útil o noso idioma”. Cifra en 80 os medios que empregan a nosa lingua como vehículo de comunicación.


O 7 de febreiro de 1876 nacía O Tio Marcos d'a Portela. A histórica publicación foi a primeira escrita integramente en galego que perdurou no tempo. Subtitulada “Parrafeos co pobo galego” e impulsada por Valentín Lamas Carvajal, conseguiu un notábel éxito, chegando a vender 4.000 exemplares nunha comunidade que daquela contaba con altos niveis de analfabetismo.

Desde 2018 o 7 de febreiro celébrase como Día dos Medios en Galego, unha data proposta pola Asociación de Medios en Galego (Amega) -da que forma parte Sermos Galiza- e que foi ratificada por unha declaración conxunta de todos os partidos con representación no Parlamento galego. “Un día que nos serve de fío condutor para realizar as nosas campañas de sensibilización, e concienciación da necesidade de defender medios que manteñen vivo e útil o noso idioma”, indican desde Amega.

cartel diadosmedioengalego

O 2 de febreiro celebrouse en Pontevedra a II Gala do Día dos Medios en Galego. Un evento para visibilizar a importancia destes medios e da súa existencia para a sociedade galega. As persoas participantes no evento sinalaron que a situación do idioma é "preocupante mais non irreversíbel" e solicitan "máis apoio das administracións". “A unión de máis 80 medios é un potencial que non podemos obviar ante o esquecemento das administracións”, afirma a asociación ao respecto. Na gala tamén se fixo alusión ao impulso do diario en galego que promove Sermos Galiza, S.A. e que verá a luz a finais de ano.

Medios en galego en activo (xaneiro 2019), segundo AMEGA:

40 Nordés, 5FM, A Cuarta Parede, A Nova Peneira, A Voz de Vilalba, Ábretedeorellas, Adiante.gal, Ames Radio, Campo Galego, Canal Barbanza, Canal Rias Baixas, Código Cero, Crónica 3, Crónicas da comarca, Culturagalega.org, DiarioDeportivo.gal, Diario Liberdade, Disquecool, Galicia Confidencial, GCiencia, GZmusica, Historia de Galicia, Lugo Xornal, Lindeiros, Luzes, Mazarelos, Nós Televisión, Nova Fantasía, Novas da Galiza, Novas do Eixo Atlántico, O Dez, Ollaparo, O Sil.info, Palavra Comun, Ponte nas ondas, Pontevedraviva, Praza Pública, Que pasa na Costa, Radio Allariz, Radio Arzúa, Radio Burela, Radio Caldas, Radio Cerceda, Radio Culleredo, Radio Estrada, Radio Eume (As Pontes), Radio Fene, Radio Foz, Radio Lalín, Radio Melide, Radio Negreira, Radio Neria (Corcubión), Radio Nordés (Cadena Ser), Radio Oleiros, Radio Ordes, Radio Quiroga, Radio Redondela, Radio Roncudo, Radio Salnés (Cambados), Radio Tui, Radio Xallas, Radiofusión, Revista Feminista Andaina, Revista Feminista Revirada, Radio Morcego, Revista Orballo, Revista Pincha, Sermos Galiza, Sprintmotor, SurfGZ, Televinte Chantada, Televisión de Galicia, Tempos Novos, Teo Vivo, Terracha.xa, Vinte, Xornal de Lemos, Xornal da Mariña, Xornal de Vigo, Zona Press.