PALABRAS CON MEMORIA

A Terra fala, por Ramiro Torres

A Terra fala, por Ramiro Torres

cantán.- Pedra grande.

Lugar de escoita.- Muxía.

Fonte.- Proxecto Buxerana de Muxía.

chapuceira.- (Ademais de significados xa recollidos) Charco de pouco tamaño.

Exemplo: “Cando iamos á escola, gustábanos meter os pés nas chapuceiras e salpìcar coa auga”

Lugar de escoita.- Carbeiral-Bardaos (San Sadurniño).

Fonte.- Avelino Sanjurjo Beceiro.

esqueiro.- (Ademais de palabras xa rexistradas) Pedras que se colocan nos muros para baixar dunha leira a outra.

Exemplo: “Baixou polo esqueiro cara á casa.”

Lugar de escoita.- Cerceda.

Fonte.- Jessica Pallas e Lorena García Costa/CPI O Cruce de Cerceda.

lorgueira.- Cavidade estreita baixo a terra pola que se escapa a auga. Normalmente é feita pola toupa.

Exemplo: “Neno, vai tornar a auga o lameiro e mira que no rego non haxa lorgueiras.”

Lugar de escoita.- Barantes-Sober.

Fonte.- Ramón Sandoval.

pardiñeira.- Talude, lugar nun terreo con grande pendente.

Exemplo: “Cando cortes as silvas da pardiñeira, ten coidado de non esvarar e caer arrolo.”

Lugar de escoita.- Burela.

Fonte.- Mario Ferreira.

parrumeira.- (Ademais do significado relacionado coa feluxe) Substancia mol en grande cantidade. Sinónimo de lameira.

Exemplo: “O barro que botaron naquel camiño, coa choiva converteuse nunha parrumeira.”

Lugar de escoita.- Moraña e bisbarra.

Fonte.- Xosé Monteagudo.

pisqueira.- Salto de auga producido polo desnivel do terreo, fervenza, seimeira, cascada.

Exemplo: “Disque a pisqueira de Enzubrigada en Vilaquinte é mui guapa.”

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- ENDL de Navia de Suarna.