Absolven a Carlos Callón da demanda de inxurias ao ex-xuíz decano da Coruña


Absolven a Carlos Callón da demanda de inxurias ao ex-xuíz decano da Coruña
As declaracións do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística que formaron parte da denuncia de Antonio Fraga Mandián realizáronse exercitando a súa liberdade de expresión, segundo a sentenza.

O Xulgado dálle a razón a Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, na demanda que contra el presentou o ex-xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián. Callón fora imputado por un delito de inxurias após terlle recriminado a Fraga Mandián o incumprimento da Lei de Normalización lingüística ao declarar que "no tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña". Aínda que a denuncia fora inicialmente desestimada, un recurso presentado por Fraga Mandián derivou na vista que agora ven de ter como resultado esta sentenza absolutoria.

Este xuíxo motivou varias protestas e mostras de solidariedade ao longo dos pasados meses polo que se considerou "unha persecución cara á criminalización das opinións e da lexítima defensa do noso idioma". 

(Haberá ampliación)