A Academia Galega non acepta “pulpo” como palabra “normativa”

A Academia Galega non acepta “pulpo” como palabra “normativa”
festa_pulpo_pequena
festa_pulpo_pequena  

Remata a polémica e “pulpo” continúa sen ser palabra galega. A Real Academia Galega ratificouse a través dun comunicado na escolla de polbo como “forma normativa recomendable”. 


A palabra “pulpo”, aínda que sexa moi utilizada na fala, suscítalle á Real Academia Galega “dúbidas sobre o seu carácter patrimonial” mentres non cuestiona "que polbo é a voz patrimonial galega, que está documentada amplamente desde a época medieval e viva na fala actual”. 

Explica a Academia no seu comunicado que un dos criterios para a escolla de formas léxicas entre dúas voces ou variantes é a preferencia pola que é “indubidablemente galega” polo cal, na demanda que chegou á sede da rúa Tabernas desde o Concello do Carballiño, a institución presidida por Alonso Montero ratifícase na escolla de polbo como recomendábel, lembrando ademais que a forma está consolidada no uso escrito e presenta continuidade no portugués con “polvo”. 



x