
Membros da Mesa pola Normalización Lingüística, entre eles o seu presidente, Marcos Maceiras, protestan no centro comercial de Ikea na Coruña polo desprezo da empresa cara a lingua do país. O catálogo en galego, denuncia a Mesa, “só se atopa en atención ao cliente e devolucións”.