“Allianz négase a dar información a un avogado por solicitala en galego”

“Allianz négase a dar información a un avogado por solicitala en galego”
(A Mesa)
(A Mesa)  

Denúnciao A Mesa pola Normalización Lingüística


A aseguradora Allianz, que se encarga entre outras moitas, do aseguramento obrigatorio da empresa Vitrasa, de servizo de autobuses en Vigo, “négase a darlle información a un avogado sobre un litixio dun cliente por solicitarlla en galego”.

Veno de denunciar nas redes sociais A Mesa pola Nornalización Lingüística, que lle lembra a esa compañía “a obriga de respectar os dereitos lingüísticos da cidadanía galega non incumbe só ás administracións públicas, tamén as empresas privadas que prestan os seus servizos en Galiza”.

Por iso, acrecenta a MNL, debe respectar o dereito de galegas e galegos “a nos expresarmos na nosa lingua dentro do noso territorio, como recoñecen entre outras a Lei 1/2010, relativa aos servizos no mercado interior e a lei 50/1980 Contrato de Seguro”.