Allianz pide desculpas: “Temos un profundo respecto polos dereitos lingüísticos da cidadanía galega”

Allianz pide desculpas: “Temos un profundo respecto polos dereitos lingüísticos da cidadanía galega”

A aseguradora pide perdón polo “erro” na resposta a un avogado que pedía información en galego. O caso foi denunciado pola Mesa.


Allianz quérese desculpar polo erro na resposta enviada o pasado 19 de novembro. A compañía mantén un profundo respecto por todas as realidades lingüísticas e históricas e polos dereitos lingüísticos da cidadanía galega. Allianz é unha empresa onde a diversidade e o respecto polas culturas e linguas vívese no día a día na convivencia dos seus empregados de 70 nacións e diferentes linguas”.

Esta é a resposta que deu a aseguradora Allianz despois da polémica xurdida pola súa resposta a un avogado que solicitara información en galego, un caso denunciado pola Mesa. Desde esta organización dinican que “Grazas á resposta social após a denuncia feita pola Mesa, Allianz envía as súas desculpas. Esperamos que este tipo de situacións non se volvan producir. Usar o galego é un dereito que todas as compañías deberían garantir”.

A aseguradora Allianz, que se encarga entre outras moitas, do aseguramento obrigatorio da empresa Vitrasa, de servizo de autobuses en Vigo, “négase a darlle información a un avogado sobre un litixio dun cliente por solicitarlla en galego”. Esta foi a denuncia nas redes sociais feita pola Mesa pola Nornalización Lingüística, que lle lembrou a esa compañía “a obriga de respectar os dereitos lingüísticos da cidadanía galega non incumbe só ás administracións públicas, tamén as empresas privadas que prestan os seus servizos en Galiza”.