A web da Mesa, bloqueada durante unha hora por un ataque informático

A web da Mesa, bloqueada durante unha hora por un ataque informático
Captura de pantalla do ataque á páxina web da Mesa pola Normalización Lingüística.
Captura de pantalla do ataque á páxina web da Mesa pola Normalización Lingüística.  

A páxina web da Mesa pola Normalización Lingüística sufriu esta cuarta feira un ataque informático que impediu o acceso.


Non é a primeira vez que a Mesa recibe un ataque externo que busca mudar a súa aparencia e funcionamento, pero é a primeira ocasión que un hackeo deixa fóra de servizo amesa.gal.

Entre as 12 do mediodía e a unha da tarde, quen tentaba acceder á páxina na Mesa pola Normalización Lingüística atopábase cunha alerta de seguridade que re-direccionaba os usuarios ao sitio en internet dun colexio privado de Valencia.

A Mesa informou desta situación temporal nas súas redes sociais. “Quen odia a lingua galega porque odia Galiza e o seu dereito a existir con dignidade. A nosa web só estará temporalmente indispoñíbel mais seguiremos na defensa do galego os 365 días do ano”, explica a entidade en Twitter e Facebook.