A calidade marca unha II edición de [email protected] na que se superaron as 200 inscricións

A calidade marca unha II edición de [email protected] na que se superaron as 200 inscricións

Na categoría de vídeo-facermos, o gañador foi o ‘Como escaquearse dunha comida familiar’. No apartado de vídeo-opinarmos, o premiado resultou ‘ A expedición Balmís e a vitoria da vacinación’. E o premio á mellor canle acadouno ‘Nubes Baixo ti’.


O Teatro Colón da Coruña foi o escenario que acolleu a gala de entrega dos Premios [email protected], a iniciativa que pretende fomentar a creatividade con temas propios e xerar referentes en galego dun novo axente con gran repercusión social dende o mundo dixital como son os youtubeiros. A compañía teatral A Panadaría foi quen codnuciu a gala, durante a cal . se deron a coñecer os gañadore  nas diferentes categorías após a decisión do xurado constituído por Laura Cruxeiras, Iván Capón, Estela Romasanta, Adrián Dios e Anxos Sobriño. Na categoría de vídeo-facermos, o gañador foi o vídeo ‘Como escaquearse dunha comida familiar’, de As cousas do Choio. No apartado de vídeo-opinarmos, o premiado resultou o vídeo ‘A expedición Balmís e a vitoria da vacinación’, de Xacobe de Toro Cacharrón. E o premio á mellor canle acadouno Nubes Baixo ti.

Por outra banda, o apartado de creatividade gañouno ‘Os cazapantasmas vídeo-facermos’, de Moustache Media Producciones, mentres que eficiencia comunicativa foi para ‘O galego Fermoso (e o que non o é tanto)’ de Aquel-e, a categoría da calidade técnica conquistouna ‘Viaxar’, de Aarón Vilariño Figueiras, e a categoría de calidade lingüística foi para ‘Reivindicación oceánica’, de Xosé Iglesias. Finalmente, o premio a proposta Youtubeira, entregado pola vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, recoñeceu o vídeo ‘Como dar cartos ás agachadas’, de As Cousas do Choio.

A Panadaría ofreceron unha gala que xirou ao redor da xeración millenial, os contidos audiovisuais que se elaboran na rede na actualidade e sobre a figura dos [email protected], mesturando o humor, a música e o protagonista dos 25 finalistas que aspiraban os premios.

Mónica Fernández, coordinadora do Proxecto [email protected], destacou na súa intervención en nome da organización “a alta participación” e a “gran calidade” dos vídeos participantes nesta segunda edición. Definiu [email protected] como “un proxecto colaborativo, rico en todos os aspectos, nas ideas”

Nesta segunda edición, rexistráronse un total de 230 inscricións entre vídeos e canles participantes nas categorías de vídeo-facermos, vídeo-opinarmos ou canle.

[email protected] é unha iniciativa organizada polos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña.



x