Desde a chegada de Feixoo á Xunta a partida para fomento do galego no ensino caeu en 70%

Desde a chegada de Feixoo á Xunta a partida para fomento do galego no ensino caeu en 70%

A Consellería demora máis un ano a publicación da orde de axudas  a proxectos de fomento do galego, o que lastra o labor dos Equipos de Normalización Lingüística.


Máis un ano, a A Consellaría de Educación continúa a estas alturas de curso, demorando a publicación da Orde de axudas a proxectos de fomento do galego por parte dos Equipos de Normalización Lingüística. Un atraso que, indica CIG-Ensino, impide a planificación anticipada e que se poidan materializar moitos proxectos dos Equipos de Normalización Lingüística por falta de tempo.

Desde a CIG-Ensino cualifican este desleixo como “intencionado” por parte da Consellaría de Educación, que demostra que “o fomento do noso idioma non está entre as súas prioridades, senón máis ben todo o contrario”.

Os fondos para estas finalidades, di, reducíronse en 70% desde a chegada de Feixoo á presidencia da Xunta en 2009.



x