PALABRAS CON MEMORIA

De cochos, porcos, ranchos, marráns, quinos e chinos

De cochos, porcos, ranchos, marráns, quinos e chinos

Balsa (do porco).- Salgadoiro, baño. 

Lugar de escoita.- Sto. Adrán de Cobres (Vilaboa do Morrazo).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

Curí.- (Repetido: curí, curí) Variante de curín e curricho, voz para chamar o porco.

Lugar de escoita.- Gondaísque (Terra Cha).

Fonte.-Antonio Eimil.

Coiracha.- Embutido do estilo do chourizo pero feito a base de coiros de porco embuchados en tripa. Tamén se adoitan denominar así os propios coiros do porco aínda que estean sen embutir.

Lugar de escoita.- A zona do Bolo (Ourense)

Fonte.- Marcos Seixo.

Dorno.-(Ademais de significados, algún aproximado, xa rexistrados) Baño para salgar o porco.

Lugar de escoita.- San Fiz de Asma (Chantada).

Fonte.- Xosé Miranda Ruíz.

llin!.- Voz utilizada para chamar os porcos.

Lugar de escoita.- Meiraos (O Courel).

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

Touro.- (Ademais de significados xa rexistrados) Cocho marón.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

Vincheiro.- Enmascarado do entroido que batía na xente cun pau do que colgaba unha vincha (vexiga) de porco.

Lugar de escoita.- Soutelo (Forcarei).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.